A Xunta avoga pola colaboración de pais, nais, educadores e profesionais tic para garantir un uso responsable de internet entre os menores
Mar Pereira inaugurou a primeira xornada da iniciativa “Rapaciñ@s. A tecnoloxía ben segura”, impulsada polo CPEIG en colaboración coa Amtega A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou que “a prevención, baseada na información e na educación é fundamental para evitar casos de ciberacoso e para que os adolescentes …